Un 40% aumentou a venda de vivenda entre os menores de 36 anos e as familias numerosas… dende que se rebaixou os impostos que se debían de pagar pola compra hai case dous anos. En total, un 81% de mozos e familias numerosas se beneficiaron desta medida, mentres que o resto non se acolleu a ela por superar o prezo a vivenda ou superar o patrimonio estipulado os compradores.
En total, o número de operacións pasou de 32.440 no conxunto de 2008 e no primeiro semestre de 2009 a 34.683 no segundo semestre de 2009 e no total do ano 2010; un incremento que foi aínda máis importante no caso das vivendas usadas, que pasaron de 17.294 a 20.414 operacións.
A Xunta recadou en 2010 un total de 87,97 millóns de euros por estes impostos, fronte aos 73,94 de 2009; dos que 81,97 foron por vivenda usada, polos 65,96 do exercicio 2009.