¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

Mocidade e historia para o asalto á alcaldía

Aprobada hai dous meses en asamblea sen ningún voto en contra, cos 10 postos de saída listos xa dende hai un ano. Esa é unha das bazas que presenta o BNG, que hoxe fixo a foto de familia dos 31 membros que compoñen a candidatura, 27 de saída e catro suplentes, unha lista “que me enorgullece encabeza na que ademais dos concelleiros actuais incorporamos persoas relacionadas co mundo do traballo, veciñal, sindical, cultural… xente que leva anos traballando pola cidade. Unha candidatura moza para liderar o goberno da cidade, asegurou o candidato, Santiago Domínguez Olveira, tras tomar a imaxe.

Na Pedra, como buque insignia da recuperación do Casco Vello, o BNG prometeu facer unha campaña en positivo, “con propostas, sen ataques persoais e sen denuncias xudiciais“, e resaltou que o programa estará centrado na creación de emprego, na defensa da lingua, da igualdade, sen renunciar a facer “unha cidade máis humanizada, máis social, máis sustentable e ecolóxica”. Unha campaña iniciada con ilusión e gañas pero na que as primeiras estimacións non lle dan moita marxe: se se cumpren as enquisas os nacionalistas quedarían con 3-4 concelleiros, fronte aos 11 do PSOE e os 12-13 do PP. “Nos optamos pola estimación propia da ilusión e pola capacidade que xa demostramos por liderar esta cidade, sempre falando en base á percepción que recibimos da xente. Só hai que facer memoria histórica: cada vez que o BNG formou parte do Goberno a cidade avanzou”, subliñou Domínguez.

A lista completa:

1. Santiago Xosé Domínguez Olveira
2. Iolanda Veloso Ríos
3. Francisco Xabier Alonso Pérez
4. María Xosé Méndez Piñeiro
5. Xesús López Carreira
6. Manuel Caride Correa
7. María Eugenia Bouzas Rodríguez
8. Consuelo Lago Mariño
9. María Alonso Salgueiro
10. Xosé Sánchez Blázquez
11. Paula María Covelo Roma
12. Xan Colazo Pazó
13. Margarida López Barreiro
14. Miguel Pérez González
15. Aurora Campos Franco
16. Xose Saians Torrado
17. Xulia Veiga Cedeira
18. Alberte Gómez Freiría
19. Cristina Piñeiro Pérez
20. Hadrián Rodríguez Bravo
21. María do Carme Fernández López
22. Alberte Mahía Rodríguez
23. Amparo Alonso Sanchis
24. Xavier Rodríguez Rodríguez
25. Ana Pérez Davila
26. Xerome Calero Prado
27. Amador Fernández Fernández

SUPLENTES
1. Alberte Mera García
2. Cristina Hermida Moinelo
3. Vitoria Iglesias Molares
4. Belén García Suárez

You may also like