É o que denuncia o BNG municipal: segundo Xosé Represas, candidato á alcaldía, denuncia que a empresa que presta o servizo non está a percibir os honorarios correspondentes. “O descontrol na xestión do Concello, unido ao despilfarro dos cartos públicos por parte do goberno, pon en grave risco un servizo básico”, afirmou.
Atendo Calidade, a empresa que presta o servizo, xa denunciou en novembro que o Concello estaba a inclumplir o contrato, polo que despois de 8 meses sen cobrar e cunha débeda de 130.000 euros pide agora ao Concello que rescinda o contrato.
Os nacionalistas solicitarán a convocatoria urxente da Comisión Informativa de Servizos Sociais para que o alcalde, Salvador G. Solla, dea conta da situación do servizo e motivos do incumprimento do contrato do servizo no fogar.