Un é o do Grove e outro o demócrata. As leas internas do Partido Galeguista chegou ao se extremo nesta localidade pontevedresa, ata tal punto que nas vindeiras eleccións municipais do 22 de maio haberá dous PG entre as papeletas a escoller: o Partido dos Galeguistas do Grove e o Partido Galeguista Demócrata.
Unha disputa que levou a facer dous congresos, non recoñecidos pola outra parte, na que se elixiron dous candidatos, Luis Bóveda e Xesús Manuel Suárez, respectivamente, e dúas listas. E o que é peor, a acabar nos xulgados, xa que o uso das siglas nas próximas municipais aínda está pendente de resolver. O candidato do PG hai catro anos irá integrado nas listas de Bóveda.