Comarcas

A loita contra o nemátodo non queda en casa

A cifra de parados crece mes a mes no Condado, mentres varias ducias de traballadores, a maioría búlgaros, foron contratados por ‘Malagueña Forestal’ para incorporarse aos traballos de erradicación da praga do nemátodo da madeira do piñeiro que a Xunta lle encomendou a Tragsa. Segundo denuncia o BNG do Condado, o Goberno autonómico destinou 9 millóns de euros a traballos forestais que non repercuten na zona, seriamente danada polas perdas provocadas a propietarios e empresas de servizos forestais.

Segundo explican os nacionalistas, Tragsa, “con capacidade de sobra para facer contratacións directas de traballadores da zona ou subcontratar lotes con empresas da comarca ou galegas” optou por unha empresa andaluza que encheu Taboexa e As Neves de traballadores de fóra da comarca “aos que foi acusada de contratar en precario”.

También te puede interesar