Unha acción máis de cara aos vindeiros comicios de maio. As Novas Xeracións do PP de Salceda de Caselas estrean unha directiva composta por 20 mozos e con Ángela Valcárcel á cabeza, unha militante que ocupará o quinto posto nas listas para as vindeiras municipais e a concellería de Xuventude en caso de gañar o PP as eleccións nesta localidade.
A próxima semana farase pública o resto da lista, encabezada por Rodríguez Davila e que estará integrada por 23 membros de todas as parroquias e do casco urbano da localidade.