En melloras en infraestructura viaria e hidráulica. Niso investirá a Xunta os 5 millóns de euros de presuposto coas que Medio Ambiente fará melloras nos concellos de As Neves, Arbo e Crecente. En As Neves, as principais actuacións serán para mellorar a estrada Salvaterra-Figueira, ademais da urbanización da circunvalación das Neves, no que se investirán 500.000 euros para beneficiar a máis de 5.000 habitantes e que estará listo antes de 12 meses.
O obxectivo é o ensanche da vía actual para convertela nunha rúa de dobre carril, mellorándose as condicións de seguridade vial dos servizos. Ademais, construiranse beirarrúas, aparcamentos, canalizacións de saneamento, abastecemento e alumeado viario.
Outras actuacións
Pola súa banda, en Arbo destinarase unha partida de 3,4 millóns para o novo abastecemento das parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras, Cerquelinos, Mourentán e Sela, para o que se construirá unha estación potabilizadora e un depósito. Ademais, construiranse dúas glorietas na estrada Salvaterra-Filgueira para dar solución aos problemas de tráficos provocados por unha intersección en cruz situada nunha zona urbana consolidada na que conflúen un importante número de vehículos con visibilidade reducida.
Outro dos proxectos será a instalación dun novo paso en Crecente, que se licitará antes deste mesmo verán por un importe de 300.000 euros. A nova infraestrutura situarase na estrada Salvaterra-Filgueira (PO-400), nun treito que divide o núcleo de Parada en dous partes. Neste treito, ademais, o trazado é sinuoso e ven precedido por unha curva de 100 metros de radio polo que é necesario habilitar esta nova infraestrutura que permitirá o paso dos peóns con total seguridade.