¡Que se curren tu voto!

O centro de emerxencia social, vella promesa para as novas eleccións

O benestar social como eixo fundamental da campaña dos nacionalistas de Vigo. Aínda que cunha vella reivindicación da cidade: un centro de emerxencia social. O BNG quere poñer en marcha este centro para persoas sen teito, unha vella loita da cidade na que a Gota de Leite foi o campo de batalla. Ademais, propón xantar na casa para o 100% dos solicitantes e un ratio de un traballador social por cada 8.500 habitantes coa posta en marcha de 3 novos centros en Lavadores, Navia e Castrelos.

Con estas iniciativas, o BNG quere enfatizar “o compromiso dos nacionalistas co Benestar Social“, para o que prevén aumentar o orzamento municipal e chegar ata o 8%, aínda que a longo prazo, en 2015. “Fomos quen de duplicar os orzamentos destinados a políticas sociais, alcanzando os 10 millóns de euros no último orzamento“, explicou Santi Domínguez, candidato nacionalista á alcaldía de Vigo.

You may also like