Galicia Vigo al minuto

Unhas 10.000 persoas secundan as manifestacións de CCOO, UGT e CIG en Vigo

Como xa anunciaran, as manifestación das tres centrais sindicais maioritarias en Galicia sairon á mesma hora, pero separadas, Mentras que CCOO e UGT o fixeron ás 12 do cruce de Vía Norte con Urzáiz, a CIG fixoo dende o Calvario. Á fronte da primeira os secretarios comarcais de Comisiones, José Cameselle, e de UGT, Antonio Juste tras unha pancarta co lema ‘Emprego con dereitos. Contra os recortes sociais‘, e xusto detrás o alcalde, Abel Caballero acompañado dos concelleiros de Traballo, e ex secretario comarcal da Unión Xeral de Traballadores, Santos Hector, a senadora Carmela Silva, os concelleiros López Font e Mariño e Manel Fernández, ex secretario comarcal de Comisións e integrante da candidatura socialista para as vindeiras elección municipais.

A centos de metros de distancia, as pancartas da CIG, ‘Polo emprego. Non ás políticas do capital’ e ‘Non a política do pacto social’, co secretario Seixas, máximo responsable da central nacionalista en Galicia, e o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez. Na cabeceira. Os simpatizantes da CIG, máis numerosos que os de CCOO e UGT, recuperaron gritos que xa non se escoitaban hai anos coma ‘PSOE, PP, a mesma merda é!” “OTAN non, bases fora”, ‘A crise laboral que a pague o capital’, acusaban ás “centrais estatais” de plegarse ás políticas do Goberno Zapatero e de asinar un pacto social que pon en perigo as pensións e condena aos traballadores a asinar contratos lixo ou a emigrar para atopar un emprego.

Pero nada que ver, en conxunto, coa movilización do ano pasado e moito menos coa convocada logo da folga xeral. Pouca xente e apagada, e eso que o día, caluroso, ainda que cuberto e sen posibilidades de praia, era o ideal para esixir a mellora dos dereitos dos traballadores.


 

También te puede interesar