Non houbo sorte desta vez. Andrea Rica, Fani Hernández e José Antonio Carregal non poderán loitar por traer unha das medallas do Mundial Absoluto de Corea para casa. Os tres taekwondistas galegos non puideron superar as fases previas para a loita polos primeiros postos a pesar das enormes ganas, ilusión e preparación coas que acudían.
Andrea Rica conseguiu superar as dúas primeiras eliminatorias, pero caíu na terceira ante a francesa Marlene Harnois por un contundente 0-7. Mentres, Estefanía Hernández caeu na segunda ronda ante a china Lin Jo Wei por 9 a 3. O que peor sorte correu foi José Antonio Carregal, que xa caeu na primeira eliminatoria ante o grego Michailidis por 5 a 10.