Un censo electoral con 200 ‘invitados’ extra. O BNG de Arbo vén de denunciar que no listado de votantes do municipio aparecen 200 personas inventadas, polo que solicitou á Xunta Electoral Central e ao Instituto Nacional de Estatística que tome as medidas oportunas para evitar votos fraudulentos e para que os responsables da manipulación dun documento público como o padrón municipal pague coa lei.
Segundo os nacionalistas, o Goberno local mantivo no censo e no padrón a 200 persoas que non existen. “O Partido Popular mostra que non existen límites á hora de conseguir obxectivos políticos. Que Arbo perde poboación? Invéntome á xente para o padrón municipal. Que me faltan votos para conseguir a maioría absoluta? Voume a Arxentina, Brasil ou onde sexa e cun puñado de dólares consigo eses votiños cruciais”, denuncian dende o grupo nacionalista municipal.