É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másOs deputados galegos poderían decidir baixarse o soldo 139,8 € ao mes
A proposta presentarase á presidenta, Pilar Rojo e aos voceiros do PSdG e BNG. Sería, tralo andaluz, o segundo parlamento autonómico que aprobase tal medida.
Onte foron os altos cargos da Xunta e hoxe son os deputados do Parlamento de Galicia. Se prospera unha iniciativa do grupo Popular, as súas señorías poderían ter que rebaixarse a nómina un 3%. Así o proporá o voceiro, deste grupo, Manuel Ruiz Rivas, á presidenta da Cámara e a PSdG e BNG.
Se a devandita iniciativa, que o PP entende coma “un novo xeiro de entender e facer política e acorde coas circunstancias e a situación actual dos galegos,” prospera, os deputados, que perciben de salario base 55.944 € brutos ao ano, deixarían de cobrar 1.678,32 €. Esta cantidade suporía 507.702,72 € de aforro ao longo da legislatura.