Un bulevar intocable. Así é para os veciños de Coia a arboreda que se dispón ao longo dunha das beirarrúas da Avenida de Castelao. A Asociación Veciñal ‘Camiño Vello’ oponse radicalmente á tala destes árbores pola solta de sémolas destes días. A Asociación remitiu centos de reclamacións e solicitudes a través do rexistro do Concello, con chamadas ao 010 e vía correo electrónico solicitando a poda de ditos árbores e, “de ser atendidas, na súa integridadade, a día de hoxe non se tería a nevada de algodóns”.
Os veciños de Coia queren conservar a arboreda e está satisfeita co mantemenento e a sega dos xardíns do barrio, “o que parece raro é por qué non se retira a herba cortada que provoca o pudrimento das zonas onde se depositan estes restos. Son numerosos os veciños que están a trasladar estas queixas á entidade. A casualidade é que isto sucede nas rúas máis interiores de Coia, onde aparentemente non se ve, tales como nas Rúas Bueu, Moaña, Marín, etc. Ninguén sabe explicar quen permite que isto sexa así, e se descoñece quen da as ordenes para que non se faga doutro xeito”.