Ciencia y Tecnología Galicia

Ás Illas Atlánticas non hai peixe que se lle escape

O obxectivo fundamental é coñecer a bioloxía e ecoloxía espacial dalgunha das principais especies de peixes na pesca artesanal na ría de Vigo: a maragota e o pinto. Por iso o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e o Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados traballan no proxecto de investigación Artevigo, que ata 2012 analizará o comportamento destes peixes mediante a aplicación de marcas de plástico no dorso do animal e mediante tecnoloxía avanzada de telemetría coa implantación de emisores acústicos.

Pescadores profesionais, recreativos, submarinos e mergulladores colaborarán no marcado con sinais de plástico tipo ‘T’ para marca a máis de 1.000 exemplares. Quen capture un exemplar de maragota ou pinto marcado, pode comunicalo ao teléfono 986.23.19.30 (impreso na marca) e a cambio obterá un obsequio.

Mentres, o seguimento con tecnoloxía acústica consiste na localización dos peixes por medio do sinal acústico que emiten uns emisores incorporados no corpo do animal, que permite unha localización precisa e continua dos exemplares marcados, o que permitirá saber cómo, cánto e por ónde se moven os peixes. Trátase do primeiro experimento a gran escala utilizando esta tecnoloxía en Galicia, e os seus resultados serán de gran axuda para entender o uso que as diferentes especies fan dos hábitats do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

 

También te puede interesar