Non se sabe se con consentemento da parella ou por vontade propia, pero Parl Sarkozy, pai de Nicolas Sarkozy, confirmou a nova tan esperada por todos: Carla Bruni está embarazada, aínda que todavía non se sabe o sexo do bebé. Fíxoo nunha entrevista ao diario alemán Bild, onde asegurou sentirse entusiasmado coa idea de converterse de novo en avó.
Estas declaracións poñen fin a semanas de especulacións sobre o estado de Carla Bruni, que ten valeira a súa axenda para os vindeiros meses e que nas súas últimas aparicións públicas apareceu con roupa frouxa, tapando sempre a barriga e con posicións propias de embarazada, ademais de que deixou de fumar e engordou un pouco.