Aínda queda moito traballo por diante para estabilizar a situación na central nuclear xaponesa de Fukushima. Segundo a compañía eléctrica encargada da xestión da planta, Tepco, ata xaneiro de 2012 non estarán estabilizados os reactores danados, aínda que se espera que en tres meses haxa unha refrixeración estable e que en nove so seu combustible nuclear estea apagado.
Mentres, o Goberno xaponés vén de aprobar as liñas xerais do plan de reconstrucción do país para os vindeiros 3 anos tralo terremoto e o tsunami que arrasaron parte da costa oriental do país o 11 de marzo. Xunto cunha política monetaria axeitada e a estabilidade dos mercados de divisas, debuxarán un plan enerxético responsable dacordo co consumo do país para poder substituír as centrais danadas. O aspecto máis importante a traballar agora é como financiar esa reconstrucción.