Foi unha detención preventiva mentres as autoridades investigan as acusacións de corrupción que pesan contra ela, unha detención de 15 días que en Exipto equivalen a tempo indefinido mentras continúe a investigación. Suzanne Mubarak, muller do ex presidente exipcio Hosni Mubarak, aceptou devolver ao Estado preto de 2,5 millóns de euros que ten en dúas contas bancarias e unha mansión que tiña en El Cairo a cambio dunha amnistía.
A muller, de 70 anos, foi interrogada na sala de espera do hospital no que permanece ingresado o ex presidente exipcio, de 83 anos, tras un ataque ao corazón. Ademais, segundo algúns medios de comunicación locais, Mubarak estaría preparando unha carta na que pediría perdón por todos os danos e ofensas cometidos nestes anos.