Hai uns días anunciaban a separación despois de 25 anos de matrimonio e catro fillos en común. Arnold Schwarzenegger e a xornalista Maria Shriver Kennedy daban a noticia e pedía respeto aos medios, pero agora é o propio ex gobernador de California o que nun comunicado a Los Angeles Times desvela os motivos do divorcio: ten un fillo ilexítimo de 10 anos.
Segundo a versión do propio actor, despois de deixar o cargo como gobernador decidiu contar a súa muller o acontecido: tivo un fillo cunha muller que traballou con eles na casa de ambos durante 20 anos ata o pasado xaneiro, un neno ao que mantivo de xeito financieiro durante todo este tempo.