O informe do órgano pericial creado polo xuíz que leva o caso revela que a causa do accidente dun avión de Spanair en Barajas hai xa tres anos pudo deberse a un erro na identificación da causa da avaría, o que fixo que se dera luz verde ao despegue do aparato cando non se debía, segundo recolle El Mundo. Os técnicos arranxaron o quentamendo da sonda da temperatura sen seguir os protocolos.
Pero ademais asegura que os manuais do avión están mal redactados e dan pé a equivocacións sobre o xeito de actuar nestes casos de quentamento de sonda. Sen embargo, no informe tamén achacan aos pilotos parte de responsabilidade por non configurar ben o avión para o despegue, tralo que o avión estourou.