Xa pasou a disposición xudicial o home de 52 anos e natural de Sober imputado por un suposto delito de incendio forestal ocorrido o pasado mes de agosto nesta localidade lucense. Tras varios meses de pesquisas coa colaboración das brigadas contra incendios dispostas pola Xunta de Galicia, a Garda Civil procedeu á detención deste veciño.