Esgotarán todas as posibilidades. Empezarán por pecharse ,o mércores, na cofradía e, se isto non funciona, empezarán unha folga de fame. As mariscadoras do Lazareto de Carril esixirán así, á conselleira do Mar que lles deixe faenar nas concesión do pósito.
Máñá habera unha xuntanza do cabildo da cofradía para aprobar o plan de explotación e os nomes das mulleres que poden traballar. A lista mandarase á Xunta que decidirá, pero non antes de seis meses.
Aínda así, o patrón maior ven de decir que só10 das 62 mariscadoras poderán empezar a traballar xa, pero elas creen que esa cantidade podería duplicarse “temos que xantar e non agardaremos a abril para trabajar, o patrón di que unhas dez poderían empezar, pero se hai marxe para vinte non vexo porqué non o podemos facer”, declarou a súa voceira, quen advertiu “que non pensen que imos a quedar na casa e caladiñas, faremos o que falla que facer”, asegurou.