Unha campaña “titánica” e “numantina”. Así define Esquerda Unida a campaña electoral na carreira pola alcaldía do vindeiro domingo 22 de maio, unha campaña que remata hoxe “como exemplo de austeridade real, compromiso militante e priorización da proposta pragmática” poñendo enriba da mesa “proposta e programa antes que luces, globos e cores”, como definía o seu candidato, Rubén Pérez Correa. En total, 50 actos en toda a cidade, miles de dípticos repartidos e de accesos á web, só gracias á labor e sacrificio dos militantes.
Foron os militantes os que pagaron do seu peto a campaña. Para amosar que é posible facer política dende a austeridade, defendendo un programa de ideas, Esquerda Unida fará público a vindeira semana un informe detallado de ingresos e gastos durante estes días. Todo para agradecer aos vigueses que exerceran de “altofalante” das propostas do partido para vencer aos “xigantes e aos molinos” aos que se enfrontan.