Ocio, cultura e deporte, moito deporte. Do 11 ao 17 de xullo o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia organizará nas instalacións deportivas da Universidade de Vigo o VII Campus de Baloncesto 2011, dirixido a nenos de entre 6 e 17 anos. Unha ampla oferta de formación deportiva que esta edición contará con contidos de inicicación e de perfeccionamento e que correrá a cargo de adestradores e de adestradoras de contrastada experiencia.
De 10 a 19:30 horas, os rapaces establecerán contacto con outros deportes e actividades físicas xa que se conta cunha pista polideportiva cuberta, unha piscina olímpica, un campo de herba sintética e un campo de herba natural. Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores e monitores do Club Baloncesto Seis do Nadal e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións. Tódolos deportes e actividades alternativas serán impartidas durante o campus por entidades e clubs especializadas conseguindo o obxectivo de ofrecer o mellor producto deportivo e de lecer.
Para inscribirte terás que enviar a folla de inscrición, o xustificante do ingreso e as fotocopias do DNI e da cartilla da seguridade social a través de fax ou de correo electrónico.