Conseguiu un concelleiro, a chave para deixar que o Goberno municipal de Redondela caia dun lado ou doutro. Aínda que polo momento parece que na Alcaldía o que se sentará é o popular Javier Bas: a Agrupación de Electores de Redondela non apoiará a ningún dos candidatos no momento da investidura o vindeiro 11 de xuño, o que suporá que en Redondela gobernará a lista máis votada, a do Partido Popular, en minoría. Esta abstención segue na liña marcada polo partido de non pacto con ningún dos partidos maioritarios nunha busca do control do poder municipal.