Luns, 17 horas, Audiencia Provincial de Ourense. Non esquezan esa cita, porque alí haberá dous candidatos cruzando os dedos, os que compiten por ser alcaldes da localidade ourensana de Os Blan cos: tras desestimar varios recursos presentados polos partidos políticos, o vindeiro alcalde terá que decidirse por sorteo. O motivo: o empate técnico a 393 votos entre o Partido Popular e Alternativa Popular Galega.
Aínda que nun principio ambas formacións pedían que se repetiran as eleccións nesa mesa electoral na que se detectou o fallo impugnado, ao final o nome do novo alcalde decidirase por sorteo.