O Cadete Masculino C Seis do Nadal SD Navia, do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia, ven de proclamarse campión da Copa FGB Cadete Masculina 2010/11 en A Coruña, onde disputou o partido de volta da final da copa cunha vantaxe de 12 puntos conseguidos no partido de ida no polideportivo de Navia. O equipo, dirixido por Sergio González e Alicia Álvarez, rematou o partido cun 80-92 ao seu favor despois de que os coruñeses estiveran case todo o encontro por riba no marcador.
Os alevíns, terceiros
Pola súa banda, o equipo Alevín Masculino A conseguíu a terceira posición na Liga FGB Alevín Masculina nesta tempada tras disputar a fase final en Santiago de Compostela. O equipo dirixido por Carlos Rodríguez, Nicolás Paz e Pablo García comenzou a fase final enfrontándose nun igualado encontro contra os Maristas Lugo, partido que se decantou no último momento a favor dos lucenses.
Mentres, no partido polo terceiro posto, os vigueses impuxéronse ao Vales Villamarín de A Coruña cunha boa dinámica de acerto nas accións de ataque e gran intensidade defensiva. Ao final, victoria para o Seis do Nadal por 81 a 76 e terceiro posto na liga, unha competición de ámbito autonómico que arrancou con 16 conxuntos e que acabou liderando o CB Tui.