Galicia

A Xunta revisa a letra pequena para ver se as gasolineiras abusan dos consumidores

Xa teñen na súa posesión os contratos das estacións de servizo coas petroleiras e agora toca clasificalos por tipoloxías para elaborar os informes que esclarezan se teñen cláusulas abusivas para os consumidores. Os informes serán enviados ao Consello Galego de Competencia, unha iniciativa pioneira en España que trata de averiguar as causas dos elevados prezos dos carburantes para os galegos.

Mentres, a Consellería de Economía e Industria xa ten redactado o anteproxecto de Lei Galega de Protección das Persoas Consumidoras na procura de avanzar nas políticas de protección ao consumidor a través de iniciativas concretas que supoñen un avance significativo no exercizo activo dos dereitos das persoas consumidoras en todos os eidos cotiás.

Te podría interesar