Propón un xiro radical na estruturación e organización do traballo político da Corporación municipal, comezando pola participación directa dos veciños nas sesións plenarias para que haxa “transparencia e democracia participativa e avanzar na Democracia Real”. Nun concello de 700 habitantes a xestión política pode achegarse moito máis aos cidadáns: desde a celebración mensual dos plenos, abertos á participación directa dos veciños.
O BNG rexeita a creación da Xunta de Goberno local, ao considerar o Pleno o ámbito de debate e decisión política. Coa imprescindíbel redacción do Regulamento Orgánico de Funcionamento Interno, o BNG propon a constitución da “Comisión informativa dos asuntos do Pleno”, que se xuntaría 8 días antes da Convocatoria formal dos Plenos, co cometido de conformar a súa orden do día . Dita Comisión estaría integrada polas Portavoces dos dous Grupos Municipais e presidida polo Alcalde.
O BNG propón que os rogos e preguntas, sexa a quenda aberta á intervención e participación das asistentes, proposta, que obriga á redacción do Regulamento de Participación das veciñas.