Galicia

Dous detidos cada semana por provocar incendios en Galicia

Ás veces a propósito, outras por despiste, pero o resultado é o mesmo: un novo incendio forestal en Galicia. A Unidade de Policía Adscrita de Galicia xa leva detido a 54 personas no que vai de ano, unha cifra considerablemente maior que a do ano pasado. E para evitar traxedias como a da fin de semana pasada, con varios incendios importantes activos á vez, nesta ocasión duplicarán o número de axentes adicados á vixiancia para a loita contra o lume nos montes.

Esta fin de semana, 41 patrullas e 82 efectivos da Policía Autonómica recorrerán os montes galegos. O Plan de loita contra incendios forestais en Galicia (PLADIGA) contempla cada ano a colaboración específica do persoal da Policía Autonómica, en tarefas tanto relativas á prevención de lumes como á posterior investigación dos mesmos, de xeito que se poida deter as persoas que aparezan como autoras dos mesmos.

También te puede interesar