A Xunta xa adxudicou as 15 axudas do Programa Isidro Parga Pondal, para a incorporación de doutores cunha formación posdoutoral constratada nas universidades do Sistema Universitario Galego, unhas axudas concedidas no marco das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para o ano 2010, sendo esta a última fase da carreira científica e previa á estabilización dos investigadores polas universidades.
Por universidades, a de Santiago foi a que máis axudas acaparou, con 8, seguida de Vigo (6) e A Coruña (1), aos que hai que sumar outros 10 investigadores en lista de agarda . En total, 1,3 millóns de euros para o financiamento destas contratacións desde o 1 de xullo de 2011 ata o mesmo mes de 2014.