Comarcas

A Mesa pide unha entrevista a Conde Roa para convencerlle de que fale en galego

O presidente da asociación A Mesa pola Normalización Lingüística, pediu este luns unha entrevista co alcalde Gerardo Conde Roa para solicitar o Goberno local de compostela “rectifique na negativa de moitos dos seus membros a usar o galego”.

“Se Gerardo Conde Roa non utiliza o galego como alcalde non é por un problema de alfabetización: sabe galego, o que pasa é que constantemente négase a utilizalo”, sinalou Carlos Callón.

No documento entregado Mesa, sublíñase que “dende o momento da toma de posesión do novo goberno municipal, se está a quebrar un consenso sobre o uso do galego como lingua normal por parte deste institución” e engade que o feito de que o alcalde de Santiago utilice o galego ” é un “xesto de tradición democrática que ten profundas raíces que se remontan a antes da dictadura de Franco”.

También te puede interesar