Galicia

A 120 km/h, o ruído dentro dun casco de moto é como o da cabina dun caza reactor

Duvi/ A 100 km/h, o ruído que un motorista soporta dentro do casco é similar ao que soporta un traballador cun martelo pneumático. Este é case o mesmo nivel sonoro que sufría un motorista hai máis de 25 anos, o que leva a pensar que dende 1973 apenas se desenvolveron innovacións para solucionar o problema do ruído cando vas sobre as dúas rodas. Este é o motivo da tese de doutoramento de José Luis González Cespón, profesor da Escola de Enxeñería Industrial, que se propuxo determinar cales son as causas de que o ruído sexa maior dentro que fóra do casco, un eido moi pouco estudado a pensar do uso estendido deste elemento protector.

O casco, elemento activo na xeración de ruído

Segundo González Cespón, o nivel sonoro no interior dun casco “cuantifícase en máis de 100 dB para velocidades superiores a los 100 Km/h, aproximadamente o que soporta un traballador con martelo pneumático; mentres, a velocidades de 120 Km/h, o nivel é de 108 dB, similar ao que existe no interior da cabina dun caza reactor”. Cales son as causas deste elevado nivel sonoro? Na procura da resposta o investigador parte dun premisa básica: “o casco é un elemento activo na xeración de ruído” e elaborou un sistema de ecuacións que permiten predicir o seu comportamento.

Deste xeito desenvolveu un protocolo de medición do ruído rexistrando os niveis sonoros de cinco cascos tipo integral (full face), que corresponden a diferentes fabricantes. “As velocidades consideradas para os diferentes ensaios foron 50, 80, 100 e 120 Km/h” e nas análises efectuadas empregouse como explica o investigador “dB con ponderación ‘Z’, en detrimento do dBA, por axustarse mellor á realidade do ruído percibido polo piloto”.

A conclusión obtida por González Cespón “corrobora la hipótese de considerar o casco como un elemento activo, amplificando enormemente o son no seu interior, no rango de frecuencias inferiores a 400 Hz”. É o aire que circula baixo a barbela e a golpea o que agudiza a resonancia que de por si ten o casco e, canto maio é a velocidade, máis vibración e máis ruído no interior.

También te puede interesar