A devandita aportación farase en cumprimento dun convenio asinado coa Federación Olívica de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas de Vigo e comarca, FOANPA, que contempla, ademáis, unha achega de 476.000 € para sufragar a súa actividade e apoiar a organización de actividades extraescolares dos nenos de infantil e primaria, ademais de impulsar accións de formación para os pais.
No que se refire aos comedores o Concello concede 41 € ao mes a cada alumno becado, prácticamente tres veces máis que os 300.000 € orzamentados en 2007. A intención do goberno local e conceder todas as becas de comedor que sexan solicitadas e cumpran cos requisitos establecidos.