É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másRecoñecemento aos 5 ouros de Chano Rodríguez
Chegou do Campionato Paralímpico de Reykjavic (Islandia) con cinco medallas de ouro colgadas ao pescozo. Por iso e por todos os seus méritos nunha piscina, o concelleiro de Deportes recibiu hoxe ao deportista paralímpico Chano Rodríguez e agasallouno cun exemplar da obra ‘Vigo, a cidade das ondas’ como “recoñecemento da cidade polos éxitos acadados”.
Para o nadador vigués este último campionato supuxo demostrarse que mantén o nivel a pesar da idade, aínda que lamenta que o recibimento do concelleiro de Deportes e unha carta da delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, son os únicos recoñecementos oficiais recibidos por parte das autoridades. “Chano Rodríguez tennos tan acostumados a enchernos de medallas de ouro que parece ata doado”, recoñeceu o concelleiro Xabier Alonso.
Chano aproveitou a ocasión para reivindicar que os nadadores paralímpicos reciban o mesmo trato que o resto dos deportistas olímpicos, xa que el non quere “quitarlle nada a ninguén”, senón que se lle conceda o que merece. “Cústame traballo dicir que acadei 5 medallas de ouro, parece que as regalan e non é así”, recoñece.