Cultura

Os traballadores de La Región seguen erre que erre contra o ERE

protesta_laregion_casedechocolate_verticalSegundo informa o Sindicato Galego de Xornalistas, o Comité de Empresa e os sindicatos de o diario La Región reuníronse co delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez. Na xuntanza, o Comité debullou as claves do ERE co que a empresa quere botar 35 traballadores malia recoñecer que deu 188.000 euros de beneficios en 2008. Ademais a compañía admitiu recentemente nas páxinas do propio xornal  que “o diario ourensá é, como avalan as súas contas, unha empresa rendíbel, que arroxa beneficios” .

Sen plan de viabilidade

A empresa aínda non presentou un plan de viabilidade no que se poña de manifesto que co ERE se garante a viabilidade e futuro do xornal. Ademais, e posto que á xuntanza tamén asistiu o xefe da Consellería de Traballo en Ourense, solicitouse que a Administración sexa imparcial e obxectiva.

La Región admite que tivo que pagar 700.000 € por recargos e multas

O Comité demanda que a Xunta analice detalladamente toda a información que presenten os sindicatos. Os mandatarios comprometéronse a facelo así porque “nós tratamos por igual a tódalas empresas”. Outro dos puntos analizados foi como a mala xestión derivou na situación actual. A propia empresa recoñeceu nunha das reunións co Comité que só en 2008 pagaron 700.000 euros a Facenda por recargos e multas que deberan ter abonado no pasado.

Protesta diante do edificio da Xunta

Mentres duraba a xuntanza uns 60 traballadores concentráronse diante do edificio administrativo da Xunta en Ourense como medida de apoio contra o ERE. O Comité xa prepara novos actos de protesta continuarán en vindeiros días, dos que informará a través da súa web erelaregion.wordpress.com e do seu grupo no Facebook.

También te puede interesar