Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másVete ao Museo do Mar e verás as estrelas
O Museo do Mar de Galicia desenvolverá, sempre en función do tempo, o vindeiro martes 16, de 21:00 a 00:00 h., e na praia anexa, unha xornada de observación das estrelas na que se darán a mán o mar e o ceo. Os asistentes poderán experimentar, en primeira persoa e a través da observación do ceo nocturno e da comprensión dos seu movementos, como os astros serviron durante séculos aos mariñeiros para orientarse nos mares e océanos cando se alonxaban tanto da costa que non tiñan referencias para a navegación.
Pablo Martínez, educador do museo e membro da Agrupación Astronómica Rías Baixas, será o encargado de guiar aos visitantes por este apaixoante viaxe a través dos segredos das estrelas, aportando a vertente máis didáctica, con explicacións sobre as constelacións e o movemento aparente dos astros na bóveda celeste.
As persoas que se acheguen ata o Museo do Mar para gozar desta nova actividade poderán observar o Sol, o planeta Saturno co seu séquito de aneis ou a Lúa, a través dos telescopios, e un pase da Estación Espacial internacional, entre outras cousas. O inicio da xornada coincidirá coa espectacular vista do solpor na Ría de Vigo e rematará no momento no que a Lúa Minguante comece a gañar altura sobre o horizonte.
Os organizadores recomendan aos asistentes que leven unha toalla para tumbarse e roupa de abrigo para que a actividade transcorra con comodidade.