Os 50 rapaces que participan nas actividades de lecer organizadas polo Concello de As Neves, aprenderon estes días a xogar ao béisbol. Este deporte popular en países tan distintos e lonxanos coma China, os Estados Unidos, Xapón, Cuba ou Venezuela, constitúe, segundo dixo a alcaldesa en funcións e responsable de Cultura e Servizos Sociais, “una excelente actividade física que ensina aos rapaces e repazas a traballar en equipo”.
María del Carmen Gil, que participou activamente nesta actividade, como o fai no resto, coma o baile, os cursos de cociña e alimentación, a lectura, as visitas as granxas e as colmeas, indicou que o programa está a ser “un completo éxito”, tanto para os nenos e nenas, que “aprenden divertíndose e fan amizades para toda a vida”, coma para os pais e nais que traballan nestas datas e que poden compatibilzar a vida laboral e familiar compartindo as experiencias dos seus fillos.