A Banda norteamericana pon fin a súa xira europea en Castrelos ofrecendo o único concerto na península Ibérica e pechando as Festas de Vigo, do Cristo ou de verán, que xa non se sabe como se chaman. A considerada coma ‘estrela’ deste ano, tocará ás 11 da noite tras ser teloneada polos vigueses ‘Saldos Arias’.
Para quen non saiba quén é Bad Religion decirlle que trátase dunha formación punk-rock con 30 anos de traxectoria que celebra cunha xira por Europa, actuando en Alemaña, Francia, Polonia, o Reino Unido ou Polonia, para rematar en Vigo antes de regresar aos Estados Unidos.
E, para aqueles que queirades disfrutar do concerto sentados nas cadeiras preto do escenario, as entradas están a 10 €, en venta anticipada, ou 12 € en taquilla e poden mercarse na web Servinova, chamando ao 902.43.44.43 o na Central de Espectáculos.