Vigo al minuto

O alcalde, que inaugurou a rúa Zaragoza, falará das humanizacións de Vigo na Cumbre de Copenhague

 

 

Abel Caballero con los concelleiros Santos Héctor, Isaura Abelairas y Carlos López Font
Abel Caballero con los concelleiros Santos Héctor, Isaura Abelairas y Carlos López Font

O alcalde de Vigo levou a cabo a “inauguración simbólica” da humanización da rúa Zaragoza, que calificó coma “un cambio excepcional, coa máxima calidade” que prioriza os peóns, mellora o tráfico e fortalecerá o comercio.

A humanización de Zaragoza tivo un custo de case 700.000 euros nun “núcleo clave” da cidade, o entorno de POVISA, que estase a converter nun “novo centro”. Esta é “unha nova forma de facer cidade”, máis “amable”, que está a conseguir que a cidadanía tome as rúas, indicou Abel Caballero.

O alcalde salientou que este proceso de humanizacións continua e reseñou que as melloras teñen “data de inicio e de finalización” que estanse a cumprir. Caballero agradeceu asemade a paciencia dos veciños durante os meses de duración das obras.

 

O modelo de humanización de Vigo, á cumbre de Copenhague

Caballero referiuse, tamén, a súa asistencia á cumbre climática de Copenhague, “na que represento aos municipios españois dende a presidencia da Rede Española de Cidades polo Clima”, que está chamada a selar os acordos internacionais posKioto e á que levará o modelo de humanizacións vigués nunha ponencia dentro da delegación española.
 
 

 

También te puede interesar