Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másConcentracións contra a reforma da Constitución diante da Xunta, este martes, ás 12 e as 7 do serán
Coincidindo coa xuntanaza da Comisión Constitucional do Senado, sindicatos e partidos de esquerdas convocan aos cidadáns a concentrarse contra a reforma da Constitución. A Confederación Intersindical Galega (CIG) ten convocadas xuntanzas nas sete cidades para este martes 6 de setembro, en Vigo a mesma será ás 12 h. diante da Delegación da Xunta. Previamente ás concentracións celebraranse asembleas de delegados e delegadas da CIG para avaliar as consecuencias dunha reforma que “limita a capacidade do Estado na súa intervención nas políticas económicas e sociais e que atenta contra a autonomía financeira de Galiza”.
Este mesmo martes, no mesmo lugar, pero ás 7 do serán, IU, CCOO,UGT e USO , protestarán contra a modificación do artigo 135 da carta magna, que xa foi aprobada polo Congreso dos Deputados, co apoio de PSOE, PP e Unión del Pueblo Navarro (UPN).