Vigo al minuto

Un cento de personas rexeita en Vigo a reforma da Constitución

Os concentrados rexeitaron a reforma da Constitución coincidindo coa xuntanaza da Comisión Constitucional do Senado. Convocados pola Confederación Intersindical Galega (CIG), quen chamou a protestar a veciños das sete cidades de Galicia, subliñaron que esta reforma limita a capacidade do Estado na súa intervención nas políticas económicas e sociais e que atenta contra a autonomía financeira de Galiza”.

Para o sindicato nacionalista, non se trata dunha reforma técnica, se non unha reforma cun forte contido ideolóxico de reforzamento do presuposto neoliberal” que limita a capacidade do Estado á hora de intervir e regular al políticas sociais e económicas.

Para a CIG, a reformafarorece cráramente” os intereses do capital privado e anticipa un retroceso importante no gasto social e”na calidade dos servizos básicos coma o ensino e a saúde”. Ao tempo, segundo o manifesto leido durante o acto, “supón un intento de limitar a autonomía financieira das Comunidades Autónomas e polo tanto, a súa capacidade de autogoberno, sendo especialmente grave para aquelas nacións, coma Galiza, cun importante déficit en materia de servizos sociais”.


También te puede interesar