No mes de setembro, rexistráronse en Galicia un total de 3.300 accidentes en xornada laboral, 1.303 menos que os contabilizados no mesmo mes de 2008, un 28,3% menos có ano pasado.Houbo un descenso no número total de accidentes en tódalas provincias. Na Coruña produciuse un descenso en 569 accidentes (o que supón un 26,22% menos), en Pontevedra de 525 (un 34,27%), en Lugo foi en 111 (un 25,34% menos) e a menor diminución foi en Ourense con 98 accidentes menos (un 21,17%).
Este descenso no total, foi por mor da diminución dos accidentes leves, xa que no total de Galicia o número de accidentes graves e mortais en comparación co mesmo mes do ano pasado aumentou.
Si temos en conta os traballadores afiliados nos cinco sectores habituais que teñen a continxencia de accidente laboral cuberta, a diminución do índice da incidencia por cada 100.000 traballadores de maior a menor é: Pontevedra, A Coruña, Ourense e Lugo. Ordenando as provincias polo seu índice de incidencia neste mes, de menor a maior sinistralidade, serían: Lugo, Pontevedra, Ourense e A Coruña.
Por sectores, e facendo a comparación de toda Galicia co mesmo mes do ano anterior, houbo baixadas en todos os sectores agás na pesca, sendo a maior baixada do número de accidentes en xornada laboral na industria, xa que, mentres que no mes de setembro do pasado ano houbo un total de 1.523 accidentes durante a xornada de traballo, neste ano contabilizáronse 1001, é dicir, 522 accidentes menos ou unha diminución do 34,27%.
A construción foi o seguinte sector de actividade no que descendeu a cifra total de accidentes en xornada laboral, ao pasar dos 1.129 ocorridos en setembro de 2008 aos 723 que tiveron lugar o pasado mes, o que supón 406 accidentes menos (un 35,96%). A pesca foi o único no que non houbo unha baixada na cantidade de accidentes de traballo, pasando dos 109 do mes de setembro do ano pasado aos 115 do mesmo mes deste ano. Estas comparacións deben tomarse de xeito orientativo, por mor da diferenza que supón o emprego de diferente Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) nos anos 2008 (CNAE 93) e 2009 (CNAE 2009), o que non nos permite facer unha comparación exacta, ao diferir o encadramento das empresas nos sectores de actividade.
- Accidentes graves e mortais
No mes de setembro aumentaron os accidentes graves, dos 51 do ano pasado, fronte os 58 deste ano, o que supón un 13,73% mais. Por provincias, houbo baixadas en Lugo, 4 accidentes menos (57,14%) e na Coruña onde foron 2 menos (7,14%), pola contra en Ourense e Pontevedra foron 6 e 7 accidentes mais (220% e 63,64%). Si ordenamos as provincias por número de accidentes graves de menor a maior sinistralidade temos: Lugo (2), Ourense (7), Pontevedra (18) e A Coruña (26).
Os accidentes mortais en xornada laboral tamén aumentaron en relación co mesmo mes do ano anterior, foron 9 os falecidos. Neste mes contabilizouse tamén un accidente in itinere, é dicir, no camiño do traballo á casa ou da casa ao traballo.
A análise da causa dos sinistros mortais en xornada laboral indica que dos 9 sinistros mortais, 2 foi por “infarto, derrame cerebral ou outra patoloxía” (22,22%), 2 por “choque ou golpe contra obxecto que cae ou se desprende” (22,22%), 2 por “afogamento nun líquido” (22,22%), 2 por “golpe sobre ou contra un obxecto inmóbil resultado dunha caída do traballador” (22,22%), e 1 “por quedar atrapado, ser esmagado baixo algo en movemento” (11,12%).
Entre xaneiro e setembro de 2009, tiveron lugar en Galicia 29.594 accidentes en xornada laboral, 8948 menos, aproximadaemnte un 23,22% menor que nos nove primeiros meses do ano pasado.Pontevedra foi a provincia onde se rexistrou o maior descenso na sinistralidade nos nove primeiros meses, tanto no número total de accidentes ocorridos coma en porcentaxe, en relación co mesmo período do pasado, ao pasar dos 15.285 a 10785 o que supón 4500 accidentes menos (un 29,44% menos).
A Coruña situouse en segundo lugar, en número, e terceira en porcentaxe, con 3.205 accidentes menos (de 16.301 a 13.196) o que é unha diminución do 19,66%. En Ourense houbo 2730 de xaneiro a setembro deste ano, dato que contrasta cos 3.478 rexistrados o ano pasado, o que supón unha diminución en 748 accidentes ou nunha porcentaxe do 21,51%, e por último, en Lugo tiveron 595 accidentes menos, xa que se pasou de 3.478 a 2.883 ou un 17,11% de diminución.
Tendo en conta os traballadores afiliados, a maior diminución da incidencia tivo lugar nas provincias de Pontevedra, Ourense, A Coruña e Lugo por esta orde, sendo Lugo a provincia de menor índice de incidencia de accidentes totais acumulados.