Galicia

Feijóo ordena recortar gastos en Medio Ambiente, Cultura e Industria

A conselleira de Facenda ven de adiantar cales serán os depertamentos do goberno galego que soportarán o meirande recorte nos orzamentos de 2012. Marta Fernández Currás, salientou que o mesmo ven causado polos “incumprimientos do sistema de financiación autonómica e que notaranse, especialmente nas consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, cun 5,6% de rebaixa, Cultura e Turismo, un 5,3% e Economía e Industria, cun 4,2%. Os devanditos recortes, sinalou a conselleira son necesarios para que a Xunta «poida pagar as facturas e manter o gasto social».

Fernández Currás, confirmou que o recorte será de 129 millóns ao tempo que o goberno galego aprobará un edebedamento por outros 114 “que non computan no déficit” e que chegarán para “afrontar a negativa do Goberno central de transferir a Galicia os 243 millóns de euros do Fondo de Cooperación”.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.