Os profesores do ensino público non universitario están en folga xeral dende as 00:00 h. deste mércores e logo participarán nunha manifestación polas rúas de Compostelapara deixar craro o seu rexeitamento contra os recortes en Educación e a modificación da súa xornada lectiva.
Tras a protesta de ‘brazos caídos’ deste martes, os sindicatos de profesorado confían en acadar unha participación maior e en que a manifestación xunte a un número de persoas similar á do pasado 9 de setembro, á que acudirin máis de 15.000 docente, segundo a organización.
Segundo asegura CIG-Ensino, esta nova regulación horaria impedirá a realización de diversas actividades complementarias, dedicarlle o mesmo tempo que antes a biblioteca ou outras medidas destinadas a paliar o fracaso escolar. Así mesmo, está circunstancia viuse acompañada de “recortes” de postos de traballo, unido á redución de unidades, que os sindicatos cifran nun milleiro.
Neste sentido, FETE-UXT avanzaba durante esta mañá que as listaxes para a folga roldaban “o 50 e 60 %”, número similar ao adiantado por CCOO Ensino.