Aproveitarás, así, a celebración do ‘Día Europeo sen coche’, deixarás o teu en casa non te custará un can e non sabes o favor que nos fas a os que andamos en moto dun lado a outro. Este é o séptimo ano que Vigo súmase a esta iniciativa que ten coma obxectivo fomentar o emprego do transporte público que, sen dúbida, é menos contaminante que ese Ibiza que tes dende o Mundial 82.
Así que si queres aproveitar a ocasión e, por unha vez, subirte a un bus urbán sen pagar este xoves, todo o día, podes viaxar nas liñas C2, 12A, 12B, 13 e 31, pola patilla, de violín, pola filosa, de balde ou polo morro.
O percorrido de cada unha delas é o seguinte:
Liña C2: Nova Estación de tren de Guixar – Estación de Autobuses; Liña 12A: Saiáns – Meixoeiro; Liña 12B: Matamá – Meixoeiro; Liña 13: Praza Eugenio Fadrique – Meixoeiro ; Liña 31: San Lorenzo – Meixoeiro
O ano pasado, este mesmo día, un total de 9.172 viaxeiros empregaron as liñas gratuitas de Vitrasa, o que supuxo un 15% máis que en 2009.