Galicia

A Agrupación de Electores de Redondela denuncia as maneiras do goberno local

A Agrupación de Electores de Redondela, que ten un concelleiro na corporación daquela vila e que é determinate á hora de aprobar as diferentes iniciativas do goberno local, asegura que este “está empregando uns métodos, cando menos sospeitosos, na contratación de persoal. O seu concelleiro, quen asegura que o Partido Popular, “que tanta transparencia prometeu en campaña electoral” non aplicou a devandita transparencia na contratación do técnico do Programa Clara, “non é de recibo que fose excluínte no proceso non posuír un curso de posgrao nin é de recibo que, pra presentar a documentación, se deran 5 días naturais que comezaron contar un sábado sendo o luns seguinte festivo”.Por iso, indican “imos estar moi atentos a todas as contratacións, subvencións, para evitar posibles dedazos”.

Así mesmo acusan de falla de respeto institucional ao goberno lo cal que, indican, non está convidando ao resto dos grupos políticos cando recibimos en Redondela a autoridades coma o presidente de Portos ou o Ministro de Xustiza, “sobre todo se temos en conta que en algún caso se trata de proxectos iniciados polo goberno anterior”.

Ademáis, subliñan, que non se convocou a a Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados e a Comisión de Seguimento das Obras do AVE, pra poder vixiar os posibles abusos das empresas concesionarias e controlar os verquidos ao río Maceiras e que nas vindeiras semanas convocarán varias “asambleas abertas” para tratar temas coma a protección e aproveitamento da enseada de San Simón, recuperación e conservación de lugares de interese coma a Fonte da Tafona, a mellora da salubridade de casas abandonadas no casco urbano, a procura de solucións aos problemas de Chapela coas vías do tren, arranxar o saneamento de Vilar de Infesta e Trasmañó, ou o estado da depuradora, “inquedanzas que nos vaian transmitindo os veciños, colectivos ou asociacións de Redondela”.


 

También te puede interesar