Os servizos técnicos do Partido Popular xa corrixiron o vídeo de campaña de Mariano Rajoy, pendurado na súa web (www.rajoy.es) e sustituiron o mapa independentista da Galicia por un verde no que se ve a xeografía galega e as catro provincias. Ate este xoves aparecía, tras alhunhas fotografías do candidato un un mapa de “Galiza” que abranguía parte de Asturias e Castela León, xunto coa bandeira coa estrela vermella e a rotulación en galego lusista.
No novo, aparece craramente a imaxe rectificada por detrás da voz do narrador que fala da traxectoria de Rajoy coma concelleiro de Pontevedra e presidente da Deputación e di: “no paró hasta conseguir llevar agua y teléfono a pueblos olvidados de la región”.