A mesma foi feita polo grupo municipal do BNG en aquel concello quen demanda ao alcalde que faga as xestión necesarias para “reparar continuo deterioro da Ponte Romana antes de que sexa demasiado tarde e coa chegado do inverno remate derrubándose”.
O voceiro do Bloque acusa a Arturo Grandal de “falta de interese na conservación do patrimonio de Salvaterra, algo que vén sendo habitual ao longo dos seus anos de goberno”. Gabriel Martínez salienta a importancia de reparar canto antes a Ponte Romana, xa que coa chegada do inverno e coas posíbeis subidas de auga no río Tea fagan debilitar aínda máis a estrutura, provocando o derrubamento das pedras.
O BNG xa alertara o pasado mes de marzo da mala conservación na que se atopan elementos patrimoniais como a Ponte Romana da Fillaboa, as telleiras, as termas de Oleiros, muíños, o camiño Real.