A Rede Social Galicia Sur acampou o xoves ás 19:00 horas, unha concentración no edificio do Fogar San Paio “gota de leite” no que tras a lectura dun manifesto iniciarase un percorrido ata o Concello de Vigo e posteriormente ata o edificio da Xunta de para o inicio dunha acampada que permanecerá ata o venres día 13 de novembro ás 13:00 horas. A súa intención é visibilizar e seguir incidindo, mediante esta acampada e pernocta diante das dúas sedes administrativas, na reclamación e esixencia ás administracións competentes da inmediata apertura do centro de inclusión social de titularidade pública na cidade de vigo. A Rede Social Galicia Sur considera “inadmisible o incumpriomento reiterado dos compromisos políticos adquiridos por ambas administracións dende o ano 2004 en relación a este proxecto e denuncia a falta de vontade política para desbloquear esta situación”. “Non podemos permitir que se siga a negociar coa pobreza”, sentencian.