Comarcas

El nunca o faría, pero tí sí tes que recoller a súa caca

O Concello de Redondela, poñerá en marcha, dadas as queixas veciñais pola suciedade que algúns cans ocasionan nos espazos públicos, ante a falta de cuidado dos seus coidores en retirar os excrementos, ou en evitar que accedan as espazos nos que non está permitido, tales coma parques infantís ou praias, unha campaña  a través da Policía Local, na que se  informará os donos da obriga de levalos suxeitos e con buceira.

Nela lembrarase que o Concello ten a facultade de sancionar estos comportamentos e que os mesmos poden poñer en risco, non só aos cativos que xogan nesos parques, senon tamén a conductores e viandantes, ademáis de que a non retirada dos excrementos das aceiras da unha imaxe de descuido e suciedade, diante dos veciños e visitantes, que supón un descrédito para todos.

 

También te puede interesar